domingo, 7 de enero de 2018

Munch, medos e monstros

Ao longo de esta semana iremos amosándovos algunhas das actividades que fixemos na escola de Estás no primeiro trimestre .Enmarcado no proxecto de arte, no mes de novembro traballamos os nosos medos a través da figura de Munch. Os nenos  e nenas puxéronlle título á obra "El grito", antes de saber o título real; falamos do que lle suxería, das cores e reproducimos a obra coa súa imaxe como protagonista. Falamos e debuxamos os nosos medos e traballamos a simetría e as cantidades creando monstros a partires das tres cores básicas con unha actividade proposta  no libro "Diviértete, talleres de arte" de Hervé Tullet.



jueves, 4 de enero de 2018

Unha etapa do camiño

A finais do mes de outubro a profe Marga de relixión organizou unha saída dende a escola ata a igrexa de Estás, na que aproveitamos para ter unha xornada de convivencia cós nenos e nenas e coa profe Maribel da escola de Barro. Nesta saída estivemos acompañados tamén polo profe Dani , por Manuel Garcés e por Eder, o papi de Xoel, que colaborou con nós colocando as pistas que tiñan que descubrir os nenos e nenas e acompañándonos no camiño. E non podía faltar "Deba", a estrela-guía da clase de relixión.
Nesta saída traballamos varios elementos relacionados coa peregrinación (miliario, frechas amarelas, cruceiros, incenso), e descubrimos elementos artísticos como as vidreiras da igrexa de Estás.
A profe Marga levou tamén un tazón tibetano e diversas campás para reproducir sons . Traballamos as cores, os olores e as cantidades a partires das rosas que atopamos nos arredores da igrexa e de volta ao colexio recollemos elementos da natureza para levar á aula. En días posteriores decoramos as cunchas de vieira que a profe nos deixou.