jueves, 29 de marzo de 2018

A NOSA HORTA

Fai unha semana preparamos a nosa horta. Laura, a mami de Erik veu sachar a terra e as familias trouxeron moita variedade de prantas para comezar a traballar. Prantamos patacas, berzas, allos, cebolas, cenouras, guisantes, leitugas, acelgas, tomates, allos porros e tamén  algunhas árbores: unha maceira, un aguacate e un loureiro que naceran na nosa horta e  un arce que nos trouxera Luis, o papi de Ada. Prantamos tamén hortensias na zona do xardín e cando voltemos á escola faremos etiquetas para identificalas todas e seguiremos poñendo sementes na terra para ver como nacen e como van medrando. Grazas a todas as familias que colaborastes nesta aventura e ao concello que atendeu a nosa demanda, traendo e extendendo a terra.

domingo, 18 de marzo de 2018

Arte rupestre

Durante o outono e inverno estivemos recollendo materiais da natureza e as familias tamén nos aportaron algúns para poder manipular e experimentar con eles.Alba, a mami de Xiana e Leyre veu á aula para amosarnos tintes e produtos naturais que se empregan para tinguir e maquillar.a través destes materiais e de outros como libros e videos achegámonos as formas de organización e formas de vivir, ás vivendas e á actividade humana na prehistoria.


Deseño e creación de xoias rupestres

Despois de manipular e disfrutar coas conchas do mar decidimos dar un paso máis e elaborar as nosas xoias rupestres coas conchas e con boliñas de arxila que fixemos e pintamos con tintes naturais.
Para elo, seleccionamos, medimos, cuantificamos, deseñamos e executamos, poñendo en práctica moitas habilidades e competencias.

sábado, 17 de marzo de 2018