jueves, 24 de mayo de 2018

Agradecemento polo arranxo do noso super bambán-neumático

Fai unhas semanas apareceu cortado e descolgado o bambán do cole e tirados os troncos nos que xogamos a facer equilibrios. Levamos un bo desgusto  e, os papis de Erik, que foron quenes o construiran para nós, levárono para arranxar e xa está de novo colgado.  Quixemos darlles as grazas e aproveitamos para pedir que non o rompan de novo, porque os nenos e nenas pequenos disfrutan moito nel. O patio do noso cole é un lugar para disfrutar e coidar entre todos.

O xardín segue medrando

Fai uns días Alva, a avoa de Sergio veu compartir con nós un par de horas e a facer que o noso xardín siga medrando. Trouxo moitas prantas e preparou a terra para que os peques e as profes plantásemos. Esperamos ter pronto un fermoso xardín cheíño de flores e fermosas prantas. Moitas grazas por este agasallo.


jueves, 10 de mayo de 2018

Aniversario de Xoel González

Hoxe celebramos o aniversario de Xoel González, que xa ten seis anos. Estivemos acompañados polo seu papi, a súa mami e a súa irmá pequena Uxía. Trouxeronnos unha rica torta de chocolate e tivemos música en directo a cargo do profe Martín e do seu papi Eder, cós que estamos ensaiando para o día das letras galegas. Tamén tivemos a sorte de que estaba a profe Betlén con nós. Como xa é habitual os compañeiros e compañeiras fixéronlle unha fermosa coroa e tamén unha tarxeta de felicitación que lle entregaron xunto coa tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día.
Puidemos disfrutar tamén da historia fotográfica de Xoel dende o seu nacemento ata os dous anos.

domingo, 6 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE MANUEL

Manuel xa ten seis anos e para celebralo veu a súa avoa con Noemí, que é a súa irmá pequena. Tomamos unha rica tarta de chocolate que fixeron Manuel e a súa mami e os compañeiros fixéronlle a coroa e unha fermosa tarxeta de felicitación. Tamén lle entregamos a tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día para el e para rematar a xornada a súa mami Miriam veu a compartir con nós un pouco da historia familiar,amosándonos as fotos dende o embarazo ata o seu primeiro ano de vida.




martes, 1 de mayo de 2018

Novas experiencias rupestres

Para rematar o noso pequeno proxecto rupestre escribimos e debuxamos con plumas e fixemos as siluetas das nosas mans en negativo  como facían na época prehistórica.

Seguimos prantando, coidando e transformando o noso patio