Fai unhas semanas apareceu cortado e descolgado o bambán do cole e tirados os troncos nos que xogamos a facer equilibrios. Levamos un bo desgusto e, os papis de Erik, que foron quenes o construiran para nós, levárono para arranxar e xa está de novo colgado. Quixemos darlles as grazas e aproveitamos para pedir que non o rompan de novo, porque os nenos e nenas pequenos disfrutan moito nel. O patio do noso cole é un lugar para disfrutar e coidar entre todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario