domingo, 29 de octubre de 2017

Aniversario de Sergio

Remata o mes de outubro e Sergio acaba de celebrar o seu sexto aniversario. Os seus compañeir@s cumpliron os desexos que Sergio pediu para a súa coroa e a súa mami preparou para todos nós unha rica torta .

miércoles, 18 de octubre de 2017

Celebramos o aniversario de Erik e Ada

No mes de setembro Ada cumpriu 4 anos e Erik 5. Acompañados polas súas mamis, que fixeron unas tortas moi ricas celebramos o seu aniversario. E os seus compañeiros e compañeiras agasalláronos coas fermosas coroas e unha tarxeta de felicitación para cada un.
 
 
 

QUE FIXEMOS OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE?

Nos primeiros días de cole tivemos momentos para o reencontró, para coñecer a novos compañeiros e compañeiras, para preparar os nosos casilleiros e percheiros, para xogar dentro e fora e mesmo para traer á clase ás nosas mascotas




lunes, 9 de octubre de 2017

Comezando un novo curso

Xa fai case un mes que comezamos o curso, con novos compañeiros e compañeiras e con novos profes cós que imos compartir ilusións, emocións e experiencias. Pouquiño a pouco iremos contándovos o que facemos no noso día a día.

miércoles, 7 de junio de 2017

RECICLAMOS , CREAMOS E COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE

O pasado luns, día 5 foi o día do medio ambiente. Achegámosvos una pequeña mostra das nosas actividades ao longo do curso que tamén presentamos ao concurso de medio
ambiente. Non gañamos, pero estamos moi orgullosos do noso traballo e das vivencias no noso entorno e na nosa escola.




miércoles, 17 de mayo de 2017

A Pontevedra, para achegarnos ao mundo creativo de Francesco Tonucci

Onte, maters, xunto con outros compañeiros e compañeiras do CRA viaxamos a Pontevedra para disfrutar da exposición de Francesco Tonucci, un pensador e debuxante que ten como ideas principais deixar tempo aos nenos para que creen, que fagan cousas diferentes e que falen moito para tomar as súas propias decisións e que sexan partícipes de todo o que atañe ao seu entorno.  Defende sobre todo, que teñen que aprender disfrutando.


domingo, 14 de mayo de 2017

Aniversarios do mes de maio


Neste mes de maio estiveron de aniversario Manuel e Xoel. Os dous cumpriron 5 aniños e celebrámolo na aula con todos os compañeiros e compañeiras e  acompañados das súas familias que trouxeron unhas ricas tortas


.

martes, 2 de mayo de 2017

Plantación e xogos no río da Pedra

O luns 24 de abril, fomos xunto cós compañeiros e compañeiras do CRA e con todos os profes a plantar árbores e tamén a coñecer o río da Pedra e disfrutar  da súa contorna.


domingo, 26 de marzo de 2017

2ª Sesión Crearte: Carregal - Estás - Vilameán

O mércores 15 de marzo compartimos a xornada en crearte cós compañeiros e compañeiras de Carregal e Vilameán. Música, ritmo, movemento, xogo  e moita creatividade foi a esencia deste día .


domingo, 19 de febrero de 2017

Flora e fauna no espazo fortaleza de Goián


 O pasado xoves fomos de excursión  a Goián para aprender da man de Gaspar, un experto en bichos e prantas, un pouquiño máis sobre a natureza que nos rodea. Ademáis compartimos a experiencia cós compañeiros e compañeiras de Barro, Seixo 1 e Figueiró.
.

viernes, 10 de febrero de 2017

Celebración do día da Paz Estás-Figueiró


O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz cós compañeiros e profe de Figueiró na súa escola, 


lunes, 28 de noviembre de 2016

CUMPREANOS DE XIANA

Fai uns días estivo de cumpreanos Xiana, que xa ten 4 anos. Os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle unha fermosa coroa e unha tarxeta de felicitación e a súa mami preparou un rico biscoito de chocolate para festexalo con nós.


viernes, 18 de noviembre de 2016

20 de novembro día dos Dereitos da Infancia


Esta semana estivemos traballando na aula sobre os dereitos da infancia. Falamos, reflexionamos, debatimos e fixemos un "Pasaporte da Humanidade", proposto por Univef, onde recollemos algunhas das nosas reflexións que firmaron todos os nenos e nenas da aula, e que hoxe entregaron na Casa da Cultura, no pleno infantil no que representamos ao CRA, xunto cós representantes dos outros colexios de Tomiño. Agradecer a todas as familias o esforzo que fixeron para que os nenos e nevas vivesen esta experiencia

Xunto coa entrega do pasaporte tamén presentamos un vídeo no que os pequerrechos expresan a través do XOGO as súas emocións, vivenzas e logros acadados, en definitiva có seu corpo falannos da importancia de xogar, non só na infancia, senón toda a vida.

jueves, 3 de noviembre de 2016

martes, 25 de octubre de 2016

VISITA A SEIXO, Á BIBLIOTECA E AO MERCADO



O xoves 6 de outubro, fixemos a nosa primeira saída. Tivemos a sorte de coñecer a moitos compañeiros e compañeiras do Cra cós que compartiremos máis saídas e festas. Nesta ocasión coñecemos aos compañeiros e compañeiras de Figueiró e de Seixo, Logo coñecemos a nosa gran Biblioteca e rematamos coñecendo a praza de abastos onde disfrutamos cós praceiros que nos foron ensinando o que venden e nos deron uns fermosos agasallos.





martes, 4 de octubre de 2016

DE CELEBRACIÓN

O pasado xoves estivo de cumpreanos Erik, que xa ten 4 aniños, e con tal motivo aproveitamos para que os nenos e nenas que cumpriron no verán tivesen tamén a súa festa de celebración. Diego, Ada, e Juan foron os homenaxeados.




domingo, 5 de junio de 2016

CUMPREANOS NO MES DE MAIO

O pasado mes de maio celebramos o cumpreanos de Manuel, Xoel, Izan e a profe Mer. Coroas de cumpre, tarxetas de felicitación, ricas tortas, música, a compaña de amigos e familia e moita ilusión por cumprir un ano máis.


sábado, 9 de abril de 2016

Escola de equitación

O xoves disfrutamos doutro fermoso día de excursión e experiencias con outros compañeir@s e profes do CRA na escola de hípica Equigalia, Aprendemos moitas cousas sobre os cabalos, que non sabiamos . 

domingo, 3 de abril de 2016

COÑECEMOS E BAÑAMOS A PERLA

O venres, tivemos unha visita especial. Perla, a cadeliña  de Isa e Rafa, os nosos veciños do cole, escapou da súa casa cando escoitou aos nenos e nenas que entraban, e como é moi curiosa, colouse con eles na aula para vir coñecernos. Este foi un dos nosos centros de interés do día. Primeiro averiguar quenes eran os seus donos, o que resultou facil grazas á placa identificativa que traía no colar, logo a pena de que se marchaba e a alegría de que voltaría máis tarde para darlle un baño na nosa clase e para aprender cousiñas sobre ela, grazas a Isabel, que se prestou a vir á aula e satisfacer a nosa curiosidade


viernes, 25 de marzo de 2016

EXCURSIÓN A INDIANA BILL


Se hai unha saída na que todos o pasamos estupendamente, esa é a que facemos ao parque de bolas de Indiana Bill. As súas caras de alegria dino todo.

jueves, 3 de marzo de 2016

Unha excursión con moita arte


Hoxe pasamos unha fermosa xornada cós compañeiros de Figueiró e de Carregal, na escola e no entorno de Figueiró, onde da man dun artista, Luis, o papá de Africa, aprendemos e disfrutamos.

domingo, 28 de febrero de 2016

CUMPREANOS NO 2º TRIMESTRE

O segundo trimestre xa está chegando ao seu fin. E durante este tempo celebramos tres cumpreanos: Anair que cumpriu 4, Laura, 5 e Pedro , que é o maior da clase xa cumpriu 6 anos. As celebracións dos cumpreanos sempre supoñen un día especial, tanto para o homenaxead@ como para os compañeiros e compañeiras, que se involucran para que sexa un fermoso día.

jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

A semana do entroido foi emocionante. Transformámos cabezas, pes e mans, viñemos quentiños có noso pixama e zapatillas, convertímonos en Superheroes, princesas, vaqueiros, zorros..... e celebramos a festa do entroido na escola de Vilachán, xunto cós compañeiros de Vilachán e Figueiró, onde o pasamos moi ben e nos transformamos en divertidas arañas.

lunes, 14 de diciembre de 2015

1ª SESIÓN EN CREARTE

Momentos para crear, disfrutar e compartir. Así se poden resumir as sesións de crearte e aquí vos deixo un resumo da primeira.


domingo, 29 de noviembre de 2015

COMPARTINDO EXPERIENCIAS CÓS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE FORCADELA


Fai xa dúas semanas que disfrutamos desta fermosa xornada cós compañeiros de Forcadela, que nos invitaron a coñecer a súa escola e a súa contorna. Aquí vos deixamos un resumo da xornada

miércoles, 25 de noviembre de 2015

CUMPREANOS DE XIANA

 Fai uns días que Xiana, a mais pequerrecha da nosa escola cumpriu 3 anos. Para celebralo, acompañounos a súa mami, que trouxo un saboroso doce.

jueves, 29 de octubre de 2015

domingo, 25 de octubre de 2015

COMEZANDO UNHA NOVA ANDAINA

Con moita ilusión e tamén con algúns medos e algúnha bágoa botamos a andar neste primeiro mes do curso. Quixemos facer unha presentación gravada, pero a algúns dos pequerrechos ainda lles costa falar diante da cámara, así que vos deixo un resumo deste comezo de curso e pouquiño a pouco iremos contando as nosas novas aventuras na escola de Estás.

jueves, 28 de mayo de 2015

CONVIVENCIA EN ESTÁS: Aurora- Estás- Forcadela- Vilachán

Este mércores, con motivo da visita dos nenos e nenas maiores ao colexio Pedro Caselles, os pequerrechos e medianos das aulas de Aurora, Estás, Forcadela e Vilachán xúntámonos  na aula de Estás, e acompañados polas profes Angeles, Carolina, Leti e Rocío pasamos unha fermosa xornada. Aquí vos deixamos un resumo:

martes, 19 de mayo de 2015

CUMPREANOS DE IZAN

Celebramos o 5º cumpreanos de Izan cun rico biscoito que fixo Laura, a súa mami

domingo, 10 de mayo de 2015

CUMPREANOS DE JAVI

NA COMPAÑA DE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E TAMÉN DE ALBA, E DA SÚA AVOA CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE JAVI, QUE SE SINTE MOI FELIZ POR TER SEIS ANOS

jueves, 26 de febrero de 2015

miércoles, 18 de febrero de 2015

CELEBRACION DÍA DA PAZ CON CARREGAL E SEIXO 2

A PROFE MERCHI PREPAROUNOS ESTE VIDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ EN ESTAS. XUNTOS PASAMOS UN DÍA MOI FERMOSO


domingo, 25 de enero de 2015

CUMPREANOS FELIZ

O CURSO FOI ANDANDO E VARIOS NENOS E NENAS CUMPRIRON ANOS. QUE ILUSIÓN O DÍA EN QUE XA PODEN DECIR QUE XA TEÑEN UN ANO MÁIS, CON QUE EMOCIÓN SOPRAN AS CANDEAS E LEVAN ESA COROA DE REIS E RAIÑAS QUE LLE FAN OS COMPAÑEIROS  E CON QUE ENTUSIASMO SABOREAN OS BIZCOITOS E TARTAS QUE AS FAMILIAS PREPARAN CON TANTO CARIÑO. CADA CELEBRACIÓN É UNHA GRAN FESTA E ASÍ O VIVIMOS NA CLASE. ESTE É UN RESUMO DE TODOS OS CUMPREANOS QUE SE FORON CELEBRANDO DENDE O COMEZO DO CURSO.

sábado, 15 de noviembre de 2014

PASEO DE OUTONO POR ESTÁS

NADA MELLOR PARA PERCIBIR A CHEGADA DO OUTONO QUE SAIR A DAR UN PASEO POLA CONTORNA. ACOMPAÑADOS DO PROFE ANTÓN E DE TRES MAMÁS SAÍMOS COA INTENCIÓN DE OBSERVAR, DESCUBRIR, RECOLLER E XOGAR. A MÁXIA DA NATUREZA FIXO POSIBLE QUE SE CUMPLISEN TODOS OS OBXECTIVOS E QUE TROUXERAMOS MATERIAIS PARA SEGUIR TRABALLANDO  E DESCUBRINDO NA AULA (CASTAÑAS, MILLO, FOLLAS, KIWIS, MAZÁS, PAUS, PEDRAS...) . NON HAI MAIS QUE VER AS SÚAS CARAS DE LEDICIA PARA SABER QUE O PASAMOS MOI BEN.

jueves, 13 de noviembre de 2014

TALLER DE COCIÑA

COA CHEGADA DO OUTONO OS NENOS E NENAS DE ESTAS FORON TRAENDO DIVERSAS FROITAS DAS SUAS CASAS, QUE TOMAMOS NAS MERENDAS DO COLE E COAS QUE TAMÉN DEMOS COMEZO AO NOSO TALLER DE COCIÑA , CÓ QUE TANTO DISFRUTAN. APROVEITAMOS ADEMÁIS TODOS OS RECURSOS DIDÁCTICOS QUE NOS OFRECEN: LECTOESCRITURA, COMPOÑENDO, LENDO E ESCRIBINDO OS NOMES DE TODAS AS FROITAS QUE CHEGAN Á AULA, LÓXICA-MATEMÁTICA (CLASIFICAMOS POR CORES, TAMAÑOS, CANTIDADES..., CONTAMOS, PESAMOS, COMPARAMOS...), TRABALLAMOS CÓS NOSOS SENTIDOS (ULIR, TOCAR, ADIVIÑAR, PROBAR...), SEN DESCOIDAR A PARTE ARTÍSTICA (DEBUXANDO AS FROITAS E COMPOÑENDO BODEGÓNS CON ELAS).