O mércores 15 de marzo compartimos a xornada en crearte cós compañeiros e compañeiras de Carregal e Vilameán. Música, ritmo, movemento, xogo e moita creatividade foi a esencia deste día .
domingo, 26 de marzo de 2017
miércoles, 1 de marzo de 2017
domingo, 19 de febrero de 2017
Flora e fauna no espazo fortaleza de Goián
O pasado xoves fomos de excursión a Goián para aprender da man de Gaspar, un experto en bichos e prantas, un pouquiño máis sobre a natureza que nos rodea. Ademáis compartimos a experiencia cós compañeiros e compañeiras de Barro, Seixo 1 e Figueiró.
viernes, 10 de febrero de 2017
Celebración do día da Paz Estás-Figueiró
O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz cós compañeiros e profe de Figueiró na súa escola,
lunes, 30 de enero de 2017
lunes, 28 de noviembre de 2016
CUMPREANOS DE XIANA
Fai uns días estivo de cumpreanos Xiana, que xa ten 4 anos. Os seus compañeiros e compañeiras fixéronlle unha fermosa coroa e unha tarxeta de felicitación e a súa mami preparou un rico biscoito de chocolate para festexalo con nós.
viernes, 18 de noviembre de 2016
20 de novembro día dos Dereitos da Infancia
Esta semana estivemos traballando na aula sobre os dereitos da infancia. Falamos, reflexionamos, debatimos e fixemos un "Pasaporte da Humanidade", proposto por Univef, onde recollemos algunhas das nosas reflexións que firmaron todos os nenos e nenas da aula, e que hoxe entregaron na Casa da Cultura, no pleno infantil no que representamos ao CRA, xunto cós representantes dos outros colexios de Tomiño. Agradecer a todas as familias o esforzo que fixeron para que os nenos e nevas vivesen esta experiencia
.
Xunto coa entrega do pasaporte tamén presentamos un vídeo no que os pequerrechos expresan a través do XOGO as súas emocións, vivenzas e logros acadados, en definitiva có seu corpo falannos da importancia de xogar, non só na infancia, senón toda a vida.
jueves, 3 de noviembre de 2016
martes, 25 de octubre de 2016
VISITA A SEIXO, Á BIBLIOTECA E AO MERCADO
O xoves 6 de outubro, fixemos a nosa primeira saída. Tivemos a sorte de coñecer a moitos compañeiros e compañeiras do Cra cós que compartiremos máis saídas e festas. Nesta ocasión coñecemos aos compañeiros e compañeiras de Figueiró e de Seixo, Logo coñecemos a nosa gran Biblioteca e rematamos coñecendo a praza de abastos onde disfrutamos cós praceiros que nos foron ensinando o que venden e nos deron uns fermosos agasallos.
martes, 4 de octubre de 2016
DE CELEBRACIÓN
O pasado xoves estivo de cumpreanos Erik, que xa ten 4 aniños, e con tal motivo aproveitamos para que os nenos e nenas que cumpriron no verán tivesen tamén a súa festa de celebración. Diego, Ada, e Juan foron os homenaxeados.
domingo, 5 de junio de 2016
CUMPREANOS NO MES DE MAIO
O pasado mes de maio celebramos o cumpreanos de Manuel, Xoel, Izan e a profe Mer. Coroas de cumpre, tarxetas de felicitación, ricas tortas, música, a compaña de amigos e familia e moita ilusión por cumprir un ano máis.
sábado, 9 de abril de 2016
Escola de equitación
O xoves disfrutamos doutro fermoso día de excursión e experiencias con outros compañeir@s e profes do CRA na escola de hípica Equigalia, Aprendemos moitas cousas sobre os cabalos, que non sabiamos .
domingo, 3 de abril de 2016
COÑECEMOS E BAÑAMOS A PERLA
O venres, tivemos unha visita especial. Perla, a cadeliña de Isa e Rafa, os nosos veciños do cole, escapou da súa casa cando escoitou aos nenos e nenas que entraban, e como é moi curiosa, colouse con eles na aula para vir coñecernos. Este foi un dos nosos centros de interés do día. Primeiro averiguar quenes eran os seus donos, o que resultou facil grazas á placa identificativa que traía no colar, logo a pena de que se marchaba e a alegría de que voltaría máis tarde para darlle un baño na nosa clase e para aprender cousiñas sobre ela, grazas a Isabel, que se prestou a vir á aula e satisfacer a nosa curiosidade
viernes, 25 de marzo de 2016
EXCURSIÓN A INDIANA BILL
Se hai unha saída na que todos o pasamos estupendamente, esa é a que facemos ao parque de bolas de Indiana Bill. As súas caras de alegria dino todo.
jueves, 3 de marzo de 2016
Unha excursión con moita arte
Hoxe pasamos unha fermosa xornada cós compañeiros de Figueiró e de Carregal, na escola e no entorno de Figueiró, onde da man dun artista, Luis, o papá de Africa, aprendemos e disfrutamos.
domingo, 28 de febrero de 2016
CUMPREANOS NO 2º TRIMESTRE
O segundo trimestre xa está chegando ao seu fin. E durante este tempo celebramos tres cumpreanos: Anair que cumpriu 4, Laura, 5 e Pedro , que é o maior da clase xa cumpriu 6 anos. As celebracións dos cumpreanos sempre supoñen un día especial, tanto para o homenaxead@ como para os compañeiros e compañeiras, que se involucran para que sexa un fermoso día.
jueves, 11 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
A semana do entroido foi emocionante. Transformámos cabezas, pes e mans, viñemos quentiños có noso pixama e zapatillas, convertímonos en Superheroes, princesas, vaqueiros, zorros..... e celebramos a festa do entroido na escola de Vilachán, xunto cós compañeiros de Vilachán e Figueiró, onde o pasamos moi ben e nos transformamos en divertidas arañas.
lunes, 14 de diciembre de 2015
1ª SESIÓN EN CREARTE
Momentos para crear, disfrutar e compartir. Así se poden resumir as sesións de crearte e aquí vos deixo un resumo da primeira.
domingo, 29 de noviembre de 2015
COMPARTINDO EXPERIENCIAS CÓS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE FORCADELA
Fai xa dúas semanas que disfrutamos desta fermosa xornada cós compañeiros de Forcadela, que nos invitaron a coñecer a súa escola e a súa contorna. Aquí vos deixamos un resumo da xornada
miércoles, 25 de noviembre de 2015
CUMPREANOS DE XIANA
Fai uns días que Xiana, a mais pequerrecha da nosa escola cumpriu 3 anos. Para celebralo, acompañounos a súa mami, que trouxo un saboroso doce.
jueves, 29 de octubre de 2015
domingo, 25 de octubre de 2015
COMEZANDO UNHA NOVA ANDAINA
Con moita ilusión e tamén con algúns medos e algúnha bágoa botamos a andar neste primeiro mes do curso. Quixemos facer unha presentación gravada, pero a algúns dos pequerrechos ainda lles costa falar diante da cámara, así que vos deixo un resumo deste comezo de curso e pouquiño a pouco iremos contando as nosas novas aventuras na escola de Estás.
jueves, 28 de mayo de 2015
CONVIVENCIA EN ESTÁS: Aurora- Estás- Forcadela- Vilachán
Este mércores, con motivo da visita dos nenos e nenas maiores ao colexio Pedro Caselles, os pequerrechos e medianos das aulas de Aurora, Estás, Forcadela e Vilachán xúntámonos na aula de Estás, e acompañados polas profes Angeles, Carolina, Leti e Rocío pasamos unha fermosa xornada. Aquí vos deixamos un resumo:
martes, 19 de mayo de 2015
domingo, 10 de mayo de 2015
CUMPREANOS DE JAVI
NA COMPAÑA DE TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E TAMÉN DE ALBA, E DA SÚA AVOA CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE JAVI, QUE SE SINTE MOI FELIZ POR TER SEIS ANOS
jueves, 26 de febrero de 2015
viernes, 20 de febrero de 2015
miércoles, 18 de febrero de 2015
CELEBRACION DÍA DA PAZ CON CARREGAL E SEIXO 2
A PROFE MERCHI PREPAROUNOS ESTE VIDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ EN ESTAS. XUNTOS PASAMOS UN DÍA MOI FERMOSO
domingo, 25 de enero de 2015
CUMPREANOS FELIZ
O CURSO FOI ANDANDO E VARIOS NENOS E NENAS CUMPRIRON ANOS. QUE ILUSIÓN O DÍA EN QUE XA PODEN DECIR QUE XA TEÑEN UN ANO MÁIS, CON QUE EMOCIÓN SOPRAN AS CANDEAS E LEVAN ESA COROA DE REIS E RAIÑAS QUE LLE FAN OS COMPAÑEIROS E CON QUE ENTUSIASMO SABOREAN OS BIZCOITOS E TARTAS QUE AS FAMILIAS PREPARAN CON TANTO CARIÑO. CADA CELEBRACIÓN É UNHA GRAN FESTA E ASÍ O VIVIMOS NA CLASE. ESTE É UN RESUMO DE TODOS OS CUMPREANOS QUE SE FORON CELEBRANDO DENDE O COMEZO DO CURSO.
sábado, 15 de noviembre de 2014
PASEO DE OUTONO POR ESTÁS
NADA MELLOR PARA PERCIBIR A CHEGADA DO OUTONO QUE SAIR A DAR UN PASEO POLA CONTORNA. ACOMPAÑADOS DO PROFE ANTÓN E DE TRES MAMÁS SAÍMOS COA INTENCIÓN DE OBSERVAR, DESCUBRIR, RECOLLER E XOGAR. A MÁXIA DA NATUREZA FIXO POSIBLE QUE SE CUMPLISEN TODOS OS OBXECTIVOS E QUE TROUXERAMOS MATERIAIS PARA SEGUIR TRABALLANDO E DESCUBRINDO NA AULA (CASTAÑAS, MILLO, FOLLAS, KIWIS, MAZÁS, PAUS, PEDRAS...) . NON HAI MAIS QUE VER AS SÚAS CARAS DE LEDICIA PARA SABER QUE O PASAMOS MOI BEN.
jueves, 13 de noviembre de 2014
TALLER DE COCIÑA
COA CHEGADA DO OUTONO OS NENOS E NENAS DE ESTAS FORON TRAENDO DIVERSAS FROITAS DAS SUAS CASAS, QUE TOMAMOS NAS MERENDAS DO COLE E COAS QUE TAMÉN DEMOS COMEZO AO NOSO TALLER DE COCIÑA , CÓ QUE TANTO DISFRUTAN. APROVEITAMOS ADEMÁIS TODOS OS RECURSOS DIDÁCTICOS QUE NOS OFRECEN: LECTOESCRITURA, COMPOÑENDO, LENDO E ESCRIBINDO OS NOMES DE TODAS AS FROITAS QUE CHEGAN Á AULA, LÓXICA-MATEMÁTICA (CLASIFICAMOS POR CORES, TAMAÑOS, CANTIDADES..., CONTAMOS, PESAMOS, COMPARAMOS...), TRABALLAMOS CÓS NOSOS SENTIDOS (ULIR, TOCAR, ADIVIÑAR, PROBAR...), SEN DESCOIDAR A PARTE ARTÍSTICA (DEBUXANDO AS FROITAS E COMPOÑENDO BODEGÓNS CON ELAS).
jueves, 23 de octubre de 2014
NOVOS DESEXOS E NOVAS ILUSIÓNS PARA UN NOVO CURSO
miércoles, 4 de junio de 2014
CUMPLE DE DIEGO
domingo, 25 de mayo de 2014
EN TREN AO TEATRO
O TREN, AS VÍAS, ¡OS TÚNELES!, A RÍA, A PONTE DE RANDE, O TEATRO... TODO LLES PARECEU FANTÁSTICO. E SOBRE TODO A PREGUNTA : CANDO VOLVEMOS EN TREN?
PASAMOLO MOI, MOI BEN
lunes, 19 de mayo de 2014
CUMPLE DE JAVI E DE IZAN
NESTE MES DE MAIO TIVEMOS CELEBRACIÓN DOBLE: JAVI QUE CUMPLIU CINCO ANOS E IZAN QUE CUMPLIU CATRO.
lunes, 5 de mayo de 2014
FAI DUAS SEMANAS AS ESCOLAS DE CARREGAL E ESTÁS FOMOS Á ESCOLA DE FORCADELA PARA COMPARTIR UNHA XORNADA CON TRES PERSOAS DA AGRUPACIÓN REDES, QUE TRABALLA DENDE HAI MÁIS DE CINCUENTA ANOS , LOITANDO CONTRA O EXPOLIO E AS INXUSTIZAS QUE SE PRODUCEN NALGÚNS POBOS AFRICANOS.
CON ELES XOGAMOS E APRENDEMOS O SIGNIFICADO DE TÉRMINOS NOVOS COMO: "EXPOLIO" E "COMERCIO XUSTO".
KA E KAO, DOUS GRANS DE CACAO EXPLICÁRONNOS AS 2 REALIDADES DE AFRICA; A AFRICA NA QUE HAI DESENROLO E A AFRICA NA QUE VIVEN EXPLOTADOS E CARENTES DUNHA VIDA DIGNA.
CON ELES XOGAMOS E APRENDEMOS O SIGNIFICADO DE TÉRMINOS NOVOS COMO: "EXPOLIO" E "COMERCIO XUSTO".
lunes, 21 de abril de 2014
EXCURSIÓN A INDIANA BILL
domingo, 6 de abril de 2014
IZAN E MARÍA DOUS NOVOS AMIGOS NA ESCOLA DE ESTÁS
Os desexos seguen cumplíndonse: Uxía pedira ter novos amigos.
Antes do Nadal chegou ao colexio Izan de 3 anos e agora no mes de marzo chegou María, de 6 anos. Os dous provocaron unha grande alegría na aula e fixeron que se cumplise o desexo de Uxía.
jueves, 20 de febrero de 2014
CUMPLE DE PEDRO
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






