sábado, 22 de diciembre de 2018

PRIMEIRO TRIMESTRE

Comezamos a nosa andaina no blogue con un pequeno resumo gráfico do acontecido neste primeiro trimestre (celebración do Samaín, aniversarios de Adrián e Raúl, posta en marcha da nosa horta coa colaboración das familias e a colocación das nosas tellas decoradas o curso pasado coa axuda de Ada, da súa irmá e de Luis, o seu papá).





sábado, 16 de junio de 2018

AUTORRETRATOS

Despois de ir vendo ao longo do curso autorretratos de diversos artistas, chegou a hora de que os artistas e as artistas de Estás fixeran o seu propio autorretrato e aquí están os nove. Adiviñade quen é quen

lunes, 11 de junio de 2018

VISITA DOS NOVOS COMPAÑEIROS

O xoves da semana pasada tivemos a visita de cinco nenos e nenas de 2 e 3 anos que viñeron a coñecer xunto coas súas familias o que será o seu cole de maiores a partires de setembro.
Entre todos preparámos unha rica merenda (galletas de chocolate e brochetas de froita, algunha da nosa horta). Tamén lle fixemos unhas tarxetiñas có seu nome e pintamos as letras do seu nome e pedras. Como agasallo especial levaron cada un unha pequena árbore das sementes que plantamos este outono para que a coiden durante o verán e a volten a traer ou para que a planten na súa casa segundo desexen. Presentámonos, cantamos unha canción, compartimos xogos nos recunchos da aula, merendamos e como despedida a profe Betlén contounos un fermoso conto. Foron dúas horas moi intensas e emocionantes.

jueves, 24 de mayo de 2018

Agradecemento polo arranxo do noso super bambán-neumático

Fai unhas semanas apareceu cortado e descolgado o bambán do cole e tirados os troncos nos que xogamos a facer equilibrios. Levamos un bo desgusto  e, os papis de Erik, que foron quenes o construiran para nós, levárono para arranxar e xa está de novo colgado.  Quixemos darlles as grazas e aproveitamos para pedir que non o rompan de novo, porque os nenos e nenas pequenos disfrutan moito nel. O patio do noso cole é un lugar para disfrutar e coidar entre todos.

O xardín segue medrando

Fai uns días Alva, a avoa de Sergio veu compartir con nós un par de horas e a facer que o noso xardín siga medrando. Trouxo moitas prantas e preparou a terra para que os peques e as profes plantásemos. Esperamos ter pronto un fermoso xardín cheíño de flores e fermosas prantas. Moitas grazas por este agasallo.


jueves, 10 de mayo de 2018

Aniversario de Xoel González

Hoxe celebramos o aniversario de Xoel González, que xa ten seis anos. Estivemos acompañados polo seu papi, a súa mami e a súa irmá pequena Uxía. Trouxeronnos unha rica torta de chocolate e tivemos música en directo a cargo do profe Martín e do seu papi Eder, cós que estamos ensaiando para o día das letras galegas. Tamén tivemos a sorte de que estaba a profe Betlén con nós. Como xa é habitual os compañeiros e compañeiras fixéronlle unha fermosa coroa e tamén unha tarxeta de felicitación que lle entregaron xunto coa tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día.
Puidemos disfrutar tamén da historia fotográfica de Xoel dende o seu nacemento ata os dous anos.

domingo, 6 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE MANUEL

Manuel xa ten seis anos e para celebralo veu a súa avoa con Noemí, que é a súa irmá pequena. Tomamos unha rica tarta de chocolate que fixeron Manuel e a súa mami e os compañeiros fixéronlle a coroa e unha fermosa tarxeta de felicitación. Tamén lle entregamos a tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día para el e para rematar a xornada a súa mami Miriam veu a compartir con nós un pouco da historia familiar,amosándonos as fotos dende o embarazo ata o seu primeiro ano de vida.




martes, 1 de mayo de 2018

Novas experiencias rupestres

Para rematar o noso pequeno proxecto rupestre escribimos e debuxamos con plumas e fixemos as siluetas das nosas mans en negativo  como facían na época prehistórica.

Seguimos prantando, coidando e transformando o noso patio


jueves, 29 de marzo de 2018

A NOSA HORTA

Fai unha semana preparamos a nosa horta. Laura, a mami de Erik veu sachar a terra e as familias trouxeron moita variedade de prantas para comezar a traballar. Prantamos patacas, berzas, allos, cebolas, cenouras, guisantes, leitugas, acelgas, tomates, allos porros e tamén  algunhas árbores: unha maceira, un aguacate e un loureiro que naceran na nosa horta e  un arce que nos trouxera Luis, o papi de Ada. Prantamos tamén hortensias na zona do xardín e cando voltemos á escola faremos etiquetas para identificalas todas e seguiremos poñendo sementes na terra para ver como nacen e como van medrando. Grazas a todas as familias que colaborastes nesta aventura e ao concello que atendeu a nosa demanda, traendo e extendendo a terra.

domingo, 18 de marzo de 2018

Arte rupestre

Durante o outono e inverno estivemos recollendo materiais da natureza e as familias tamén nos aportaron algúns para poder manipular e experimentar con eles.Alba, a mami de Xiana e Leyre veu á aula para amosarnos tintes e produtos naturais que se empregan para tinguir e maquillar.a través destes materiais e de outros como libros e videos achegámonos as formas de organización e formas de vivir, ás vivendas e á actividade humana na prehistoria.


Deseño e creación de xoias rupestres

Despois de manipular e disfrutar coas conchas do mar decidimos dar un paso máis e elaborar as nosas xoias rupestres coas conchas e con boliñas de arxila que fixemos e pintamos con tintes naturais.
Para elo, seleccionamos, medimos, cuantificamos, deseñamos e executamos, poñendo en práctica moitas habilidades e competencias.

sábado, 17 de marzo de 2018

miércoles, 14 de febrero de 2018

Entroido 2018

O entroido xa rematou e aquí vos deixo un resumo de como vivimos esta semana na escola de Estás.

Día a día fomos cumplindo os mandatos de Iris e mentras esto acontecía na escola, familias, profes e nenos e nenas ibamos dándolle forma aos disfraces de "Velázquez e meninas" que luciríamos no día da festa, que compartimos cós compañeir@s e profes de Amorín e Seixo 2. Agradecer a todas as familias da aula e aos profes todo o traballo feito para puideramos lucir estes fermosos disfraces e por preparar tan rica merenda. Tamén dar as grazas á profe Sara por acollernos na súa aula de Seixo e preparar as actividades da mañá de entroido.


domingo, 11 de febrero de 2018

Día da PAZ en Estás

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da Paz na escola de Estás cós compañeiros e compañeiras das escolas de Amorín e de Seixo 2, que viñeron acompañados das súas profes Tania e Sara. Tamén estivo con nós a profe Ana e recibimos a visita da profe Lorena, que veu contarnos a fermosa historia do "Lápis máxico de Malala"


domingo, 7 de enero de 2018

Munch, medos e monstros

Ao longo de esta semana iremos amosándovos algunhas das actividades que fixemos na escola de Estás no primeiro trimestre .Enmarcado no proxecto de arte, no mes de novembro traballamos os nosos medos a través da figura de Munch. Os nenos  e nenas puxéronlle título á obra "El grito", antes de saber o título real; falamos do que lle suxería, das cores e reproducimos a obra coa súa imaxe como protagonista. Falamos e debuxamos os nosos medos e traballamos a simetría e as cantidades creando monstros a partires das tres cores básicas con unha actividade proposta  no libro "Diviértete, talleres de arte" de Hervé Tullet.



jueves, 4 de enero de 2018

Unha etapa do camiño

A finais do mes de outubro a profe Marga de relixión organizou unha saída dende a escola ata a igrexa de Estás, na que aproveitamos para ter unha xornada de convivencia cós nenos e nenas e coa profe Maribel da escola de Barro. Nesta saída estivemos acompañados tamén polo profe Dani , por Manuel Garcés e por Eder, o papi de Xoel, que colaborou con nós colocando as pistas que tiñan que descubrir os nenos e nenas e acompañándonos no camiño. E non podía faltar "Deba", a estrela-guía da clase de relixión.
Nesta saída traballamos varios elementos relacionados coa peregrinación (miliario, frechas amarelas, cruceiros, incenso), e descubrimos elementos artísticos como as vidreiras da igrexa de Estás.
A profe Marga levou tamén un tazón tibetano e diversas campás para reproducir sons . Traballamos as cores, os olores e as cantidades a partires das rosas que atopamos nos arredores da igrexa e de volta ao colexio recollemos elementos da natureza para levar á aula. En días posteriores decoramos as cunchas de vieira que a profe nos deixou.