jueves, 4 de enero de 2018

Unha etapa do camiño

A finais do mes de outubro a profe Marga de relixión organizou unha saída dende a escola ata a igrexa de Estás, na que aproveitamos para ter unha xornada de convivencia cós nenos e nenas e coa profe Maribel da escola de Barro. Nesta saída estivemos acompañados tamén polo profe Dani , por Manuel Garcés e por Eder, o papi de Xoel, que colaborou con nós colocando as pistas que tiñan que descubrir os nenos e nenas e acompañándonos no camiño. E non podía faltar "Deba", a estrela-guía da clase de relixión.
Nesta saída traballamos varios elementos relacionados coa peregrinación (miliario, frechas amarelas, cruceiros, incenso), e descubrimos elementos artísticos como as vidreiras da igrexa de Estás.
A profe Marga levou tamén un tazón tibetano e diversas campás para reproducir sons . Traballamos as cores, os olores e as cantidades a partires das rosas que atopamos nos arredores da igrexa e de volta ao colexio recollemos elementos da natureza para levar á aula. En días posteriores decoramos as cunchas de vieira que a profe nos deixou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario