Despois puxémonos a investigar e pedimos axudas ás familias, enviándolles un audio os nenos e nenas. Grazas á axuda de varias mamás, descubriron que "parrochas" era o mesmo que en Tomiño lle chaman "xoubas". E para que a experiencia fose máis vivenciada trouxemos á aula xoubiñas da praza de Tomiño (que nos regalou o peixeiro) para poñer a proba os nosos sentidos: observámolas, ulimos, tocamos para limpalas e despois de fretilas, fixemos con elas unha rica merenda.
Que boa pinta!!!
ResponderEliminarPara a próxima, achegámonos e probamos!! Parabéns