jueves, 30 de mayo de 2019

sábado, 4 de mayo de 2019

Batido de amorodos

Cós primeiros amorodos que nos trouxo Antonio para a merenda celebramos a chegada da primavera. E agora xa temos a sorte de comer os da nosa propia horta.

lunes, 22 de abril de 2019

ANIVERSARIO DE LEO

Antes de rematar o segundo trimestre celebramos na aula o aniversario de Leo, que xa ten 5 anos. Os compañeiros e compañeiras fíxéronlle unha fermosa coroa e tamén unha tarxeta de felicitación. Xuntos preparamos a torta de chocolate para celebralo.

martes, 19 de marzo de 2019

Aniversario de Érica

O xoves da semana pasada celebramos na aula o aniversario de Érica, que xa ten 4 anos. A súa avoa Feli trouxo un rico biscoito e compartiu con nós esta celebración. Xuntos vimos o albúm de fotos de Érica dende que estaba na barrigiña da súa mamá e fomos vendo como medrou ata agora. A súa avoa tamén nos contou cousiñas de cando ela viña ao cole de Estás e que facían na aula e no recreo cando ela era nena. Moitas grazas por compartir estes momentos con todos nós e a súa mami Verónica por seleccionar as fotos tan bonitas que nos trouxo á aula.

domingo, 3 de marzo de 2019

TEMPO DE ENTROIDO

Dende fai duas semanas estamos preparándonos para a festa do entroido. As familias e os pequerrechos e pequerrechas estiveron na aula facendo os disfraces de polbos e durante esta semana cumplimos os mandatos da nosa "Meca Iris". O venres foi un día moi especial para todos nós, pois ibamos todos os nenos, nenas e profes do CRA  ao cole Pedro Caselles, onde iban a estar outros profes, irmáns, curmáns e compañeiros mariores. Con eles desfilamos e disfrutamos deste fermoso día, acompañados de moitas das nosas familias.



domingo, 24 de febrero de 2019

Paseo pola contorna. De visita á casa de Érica e de Raúl

Non hai nada mellor que un paseo pola contorna, percorrendo os barrios, saúdando aos veciños ao pasar e amosándolle aos compañeiros e ás profes algo tan importante como as súas casas , os seus xoguetes e os seus animaliños. Esto fixémolo nós fai uns días e a experiencia foi fantástica. Moitas grazas á familia de Raúl e á de Érica pola invitación e pola súa atención


.

viernes, 15 de febrero de 2019

DESCUBRINDO A NOSA LINGUA E VIVINDO NOVAS EXPERIENCIAS

Fai uns días chegaba unha nova proposta dende o equipo de dinamización lingüistica. A nosa amiga Iris, deixounos unha nova palabra para investigar "PARROCHA". E esto é o que nun primeiro momento pensaron:
Despois puxémonos a investigar e pedimos axudas ás familias, enviándolles un audio os nenos e nenas. Grazas á axuda de varias mamás, descubriron que "parrochas" era o mesmo que en Tomiño lle chaman "xoubas". E para que a experiencia fose máis vivenciada trouxemos á aula xoubiñas da praza de Tomiño (que nos regalou o peixeiro) para poñer a proba os nosos sentidos: observámolas, ulimos, tocamos para limpalas e despois de fretilas, fixemos con elas unha rica merenda.

domingo, 27 de enero de 2019

GOMINOLAS DE MANDARINA E LARANXA CON AGAR AGAR

No noso taller de cociña descubrimos un novo ingrediente, relacionado có mar: o Agar Agar, un alimento nutritivo que se obtén de diferentes algas mariñas e se utiliza como sustituto vexetariano da xelatina. Nós utilizamolo como espesante para facer as nosas gominolas de laranxa e mandarina.


viernes, 18 de enero de 2019

Aniversario de Laura

Hoxe estivo de cumple Laura, a primeria das pequerrechas de Estás , que cumple catro anos. Grazas á súa mamá e a Brais, o seu irmán que fixeron unha rica tarta de chocolate para nós e tamén á súa avoa Tuita, que veu compartir o momento do cumple á aula. Parabéns Laura!



Tempo de inverno, tempo de nadal

Co remate do outono e a chegada do inverno, nas rúas respirábase aire de festa. Na nosa escola tamén quixemos rematar o trimestre e comezar o seguinte de maneira especial. E así o fixemos:



sábado, 22 de diciembre de 2018

PRIMEIRO TRIMESTRE

Comezamos a nosa andaina no blogue con un pequeno resumo gráfico do acontecido neste primeiro trimestre (celebración do Samaín, aniversarios de Adrián e Raúl, posta en marcha da nosa horta coa colaboración das familias e a colocación das nosas tellas decoradas o curso pasado coa axuda de Ada, da súa irmá e de Luis, o seu papá).





sábado, 16 de junio de 2018

AUTORRETRATOS

Despois de ir vendo ao longo do curso autorretratos de diversos artistas, chegou a hora de que os artistas e as artistas de Estás fixeran o seu propio autorretrato e aquí están os nove. Adiviñade quen é quen

lunes, 11 de junio de 2018

VISITA DOS NOVOS COMPAÑEIROS

O xoves da semana pasada tivemos a visita de cinco nenos e nenas de 2 e 3 anos que viñeron a coñecer xunto coas súas familias o que será o seu cole de maiores a partires de setembro.
Entre todos preparámos unha rica merenda (galletas de chocolate e brochetas de froita, algunha da nosa horta). Tamén lle fixemos unhas tarxetiñas có seu nome e pintamos as letras do seu nome e pedras. Como agasallo especial levaron cada un unha pequena árbore das sementes que plantamos este outono para que a coiden durante o verán e a volten a traer ou para que a planten na súa casa segundo desexen. Presentámonos, cantamos unha canción, compartimos xogos nos recunchos da aula, merendamos e como despedida a profe Betlén contounos un fermoso conto. Foron dúas horas moi intensas e emocionantes.

jueves, 24 de mayo de 2018

Agradecemento polo arranxo do noso super bambán-neumático

Fai unhas semanas apareceu cortado e descolgado o bambán do cole e tirados os troncos nos que xogamos a facer equilibrios. Levamos un bo desgusto  e, os papis de Erik, que foron quenes o construiran para nós, levárono para arranxar e xa está de novo colgado.  Quixemos darlles as grazas e aproveitamos para pedir que non o rompan de novo, porque os nenos e nenas pequenos disfrutan moito nel. O patio do noso cole é un lugar para disfrutar e coidar entre todos.

O xardín segue medrando

Fai uns días Alva, a avoa de Sergio veu compartir con nós un par de horas e a facer que o noso xardín siga medrando. Trouxo moitas prantas e preparou a terra para que os peques e as profes plantásemos. Esperamos ter pronto un fermoso xardín cheíño de flores e fermosas prantas. Moitas grazas por este agasallo.


jueves, 10 de mayo de 2018

Aniversario de Xoel González

Hoxe celebramos o aniversario de Xoel González, que xa ten seis anos. Estivemos acompañados polo seu papi, a súa mami e a súa irmá pequena Uxía. Trouxeronnos unha rica torta de chocolate e tivemos música en directo a cargo do profe Martín e do seu papi Eder, cós que estamos ensaiando para o día das letras galegas. Tamén tivemos a sorte de que estaba a profe Betlén con nós. Como xa é habitual os compañeiros e compañeiras fixéronlle unha fermosa coroa e tamén unha tarxeta de felicitación que lle entregaron xunto coa tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día.
Puidemos disfrutar tamén da historia fotográfica de Xoel dende o seu nacemento ata os dous anos.

domingo, 6 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE MANUEL

Manuel xa ten seis anos e para celebralo veu a súa avoa con Noemí, que é a súa irmá pequena. Tomamos unha rica tarta de chocolate que fixeron Manuel e a súa mami e os compañeiros fixéronlle a coroa e unha fermosa tarxeta de felicitación. Tamén lle entregamos a tarxeta que nos enviaron os avós e avoas do centro de día para el e para rematar a xornada a súa mami Miriam veu a compartir con nós un pouco da historia familiar,amosándonos as fotos dende o embarazo ata o seu primeiro ano de vida.




martes, 1 de mayo de 2018

Novas experiencias rupestres

Para rematar o noso pequeno proxecto rupestre escribimos e debuxamos con plumas e fixemos as siluetas das nosas mans en negativo  como facían na época prehistórica.

Seguimos prantando, coidando e transformando o noso patio